Tuesday 07 de May de 2024

O Concello de Brión aprobará un convenio de colaboración coa UNED da Coruña para formación continua a maiores de 50 anos


 

O Concello de Brión aprobou por esta mañá a realización dun convenio de colaboración entre o Concello de Brión, o centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) da Coruña e a asociación para o desenvolvemento rural e labrego Maisdetres para a formación continua a maiores de 50 anos sobre as temáticas, intereses e necesidades que teñan para mellorar a súa calidade de vida.

No caso de Brión, esta formación estará especialmente relacionada co desenvolvemento agrícola, gandeiro, forestal e rural. As persoas interesadas en participar poderán acceder a esta formación continua sen necesidade de titulación previa.

O Pleno tamén aprobou o xa tradicional recoñecemento extraxudicial de créditos do mes de febreiro, no que se aboan facturas de servizos prestados o ano anterior pero que se presentaron xa en 2020. Nesta ocasión, o importa ronda os 60.000 euros, a maior parte correspondente a compañías de subministro eléctrico.

Finalmente, o pleno aprobou deixar sen efecto e retomar a modificación do estudo de detalle da parcela na que se emprazará o futuro auditorio de Brión, para facilitar así a súa tramitación administrativa. Na quenda de mocións, aprobouse unha conxunta do PSOE e do BNG para pedir melloras na asistencia sanitaria en Brión, sobre todo nos servizos de Pediatría e Matrona, esixindo que se cubran as baixas dese persoal. O PP optou pola abstención ante a negativa dos grupos propoñentes a cambiar o limiar da moción, se ben recoñeceu a necesidade de que se cubran esas baixas en Brión.